Atrio - Alonso Franco, Claudia Abril e Hugo Franco - Abertura: Julia Bonfim, Mauro de Pinna, Kevin Shortall e Diogo Trindade.
Os máis de trinta anos de carreira deste violinista galego abranguen unha
intensa actividade en distintas áreas: folk, blues, teatro, musicalización de
cine mudo ou concertos didácticos. Imparte clase desde hai 20 anos na
ETRAD, ademáis de ser coordinador da sección de corda da orquestra folk
SONDESEU.
A nivel internacional, foi representante de Galicia nas últimas cinco edicións
do North Atlantic Fiddle Convention; mestre do Sierra Fiddle Camp en
California e do Isle of Skye Fiddle Camp de Alasdair Fraser.
Por outra banda, é Fundador e Director da Asociación cultural "Galicia
Fiddle" e creador dos proxectos educativos: Sementeira, San Simón Fiddle e
Encordass, ademáis de coordinador de numerosas masterclass con figuras
de renome internacional do fiddle.
O traballo desenvolvido por Alfonso ao redor do violín galego valeulle ser
portada da prestixiosa revista "Fiddler Magazine", na que publicaron un
extenso artigo adicado ao panorama galego do violín folk.
O seu último proxecto, como trío, na compaña dos seus fillos, nace no ano
2016, dentro dun proxecto educativo internacional gracias ao cal difunden
a música galega en puntos tan dispares do planeta coma China, México,
Costa Rica ou Escocia.